Servizos

SERVIZOS A DISPOSICIÓN DOS NOSOS ASOCIADIOS

Axober participa activamente en proxectos de dinamización do emprego, divulgación, formación promoción.
Tamén desempeña unha labor importante de asesoramento aos seus asociados

ASESORAMENTO E INFORMACIÓN

Neste campo a Xunta Directiva considera que é unha labor prioritaria da asociación, asesorar aos asociados e poñer ao seu alcance toda a información, tanto de carácter xeral (Boletíns Oficiais), da propia asociación (Ofertas e convenios que se poidan negociar) coma doutras asociacións afíns. Preténdese, así mesmo, dispor dunha bolsa de emprego á disposición dos asociados, co fin de que se anoten nela todas as persoas interesadas en traballar en Bergantiños. Para levar a cabo estas iniciativas AXOBER creou este espazo, na que ten cabida toda esta información así coma sinxelos enlaces a outras páxinas que se consideran de interese para os nosos asociados.

> Se necesitas información ou asesoramento, ponte en contacto connosco.

FORMACIÓN

Formación, tanto destinada aos propios asociados como aos empregados das súas respectivas empresas. Neste campo, que conta cunha vital importancia, traballamos a posibilidade de obter cursos de formación continua a través de distintos organismos, así mesmo, tamén organizar diversas charlas, xornadas e pequenos seminarios de variados temas, tanto de interese xeral coma as que se centran nalgúns sectores concretos.

> No apartado de Formación publicaremos esta información.

CATÁLOGO DE CURSOS
CONFEDERACIÓN DE EMPRESARIOS DE LA CORUÑA

PROMOCIÓN

Promoción, tanto dos nosos asociados coma das súas empresas. É outro dos aspectos que consideramos importantes. Nesta páxina tamén existe un espazo á disposición de cada un dos nosos asociados co fin de que dispoñan del para a presentación da súa empresa e instalar un enlace a súa propia páxina Web, se dispón dela. Tamén traballamos en varias liñas de promoción das cales se vai informar de maneira puntual a través desta páxina, así como, a través dos demais mecanismos dos que dispoñemos.

> Aquí podes ver o directorio de empresas asociadas a AXOBER.