Evento : CURSO DE CALIDADE DE SERVIZO E ATENCIÓN AO CLIENTE

Fecha: 2008-03-26
Localización: AXOBER
Hora: 20:30:00

Descripción

INICIO: 26/03/2008
FIN: 28/04/2008
MODALIDADE: Mixta
HORAS:
- Horas presenciais: 30
- Horas a distancia: 10

OBXECTIVOS:

Obxectivo xeral:
Ofrecer unha visión xeral da norma UNE 175001 que axude a mellorar a competitividade do establecemento co fin de garantir a súa supervivencia nun contorno cada día máis esixente e xerar nos clientes maior fidelidade.

Obxectivos específicos:
-Adquirir as competencias necesarias que permita profesionalizar a xestión dos establecementos comerciais potenciando o desenvolvemento dos recursos humanos.
-Saber diferenciar os establecementos comerciais que adopten a norma UNE 175001 por medio da calidade do servizo.
-Coñecer os requisitos de calidade dos distintos elementos tanxibles dun establecemento.
-Adquirir as competencias profesionais axeitadas polos profesionais que tratan directamente cos clientes e, así, mellorar a rendibilidade a través da optimización do capital humano.

Obxectivos do módulo “Sensibilización ambiental”:
Preténdese concienciar os asistentes da necesidade de adoptar unha serie de boas prácticas dende o punto de vista medioambiental.
Para acadar este obxectivo establécense como obxectivos específicos os seguintes:
-Coñecer as principias técnicas empregadas na actualidade para reducir as emisións contaminantes á atmosfera.
-Coñecer os principais tratamentos empregados na eliminación de substancias contaminantes presentes nas augas residuais.
-Coñecer as principais alteracións que poden ter lugar no solo.
-Coñecer a definición e caracterización dos diferentes tipos de residuos especialmente os problemas asociados á contaminación acústica.

Obxectivos do módulo “Formación para a igualdade de oportunidades”:
-Sensibilizar os participantes das vantaxes das políticas de igualdade.
-Coñecer as informacións básicas para traballar a igualdade de oportunidades.
-Remarcar a achega positiva que todas as persoas lle poden facer á sociedade.

PROGRAMA:

MÓDULO 1: A NORMA UNE 175001 DE CALIDADE DO SERVIZO NO PEQUENO COMERCIO. REQUISITOS DO SERVIZO.

MÓDULO 2: REQUISITOS DOS ELEMENTOS TANXIBLES.

MODULO 3: REQUISITOS DO PERSOAL.

MÓDULOS

(5 horas) Sensibilización ambiental
-Concepto de medio ambiente
-A deteriorización do medio natural
Contaminación atmosférica.
Contaminación do solo
Contaminación das augas
Contaminación acústica
Impacto paisaxístico e ocupación do solo

(5 horas) Formación para a igualdade de oportunidades
-Concepto de igualdade: introdución. O concepto de igualdade
-Políticas, programas e leis de igualdade
-As accións positivas. O mainstreaming de xénero
-Os plans de igualdade
-Novo contrato social mulleres-homes: obxectivos e estratexias



























Atras


Axober c/Fomento, 21 - 15100 Carballo - La Coruña       Tlf 981 756 313       Axober © 2004