AXOBER Asociación de Xóvenes Empresarios de Bergantiños

Actualmente No tiene El Plug-in ADOBE FLASH PLAYER
necesario para poder visualizar correctamente esta web:

Pulse en el enlace inferior para descargarlo

obtener FLASH PLAYER


Contedor correspondente a un visor de fotos flash que mostra os logotipos das empresas acollidas a AXOBER

Novas


EXAMES CARNÉ OPERADOR DE GUINDASTRE TORRE 2009


29-12-2009
Convocatoria de exames ordinarios para a obtención do carné profesional de operador de guindastre torre no ano 2009
Convócanse os exames ordinarios que terán lugar no
ano 2009 para a obtención do carné profesional de
operador de guindastre torre, con suxeición ás
bases da convocatoria:

Os exames realizaranse nas catro provincias.

Os exames serán os que
se indican a continuación:

27 de febreiro de 2009.
27 de maio de 2009.
25 de novembro de 2009.

"XESTION DO RISCO DE COBRO EN PEMES E AUTONOMOS"


12-11-2008
Tendo en conta a difícil actualidade financeira que están a vivir as empresas, AXOBER, dentro do seu Plan de Formación, vai levar a cabo o seguinte Seminario: “Xestión do Risco de Cobro en Pemes e Autónomos”


• Os temas que se abordarán serán os seguintes:
- O entorno financeiro actual.
- Instrumentos de cobro: letras de cambio, pagarés, factoring, confirming, negociación bancaria,...
- Cobertura comercial: seguros de créditos,...
- Axudas públicas para o reflotamento das empresas en crise.
- Xestión de impagos
- Lei concursal

• Obxectivos: Análise dos métodos e das ferramentas que poden usar as Pemes e os autónomos para minimizar o risco de cobro nas ventas, asi como unha áxil recuperación en caso de impago.
• Dirixido a: Autónomos, xerentes e persoal de pequenas e medianas empresas, comerciantes, emprendedores e técnicos.
• Data: 26 de novembro de 2008.
- Duración: 3 horas
- Horario: 18:30 a 21:30 horas
- Lugar: Pazo da Cultura de Carballo
- Prezo: 20€ (Gratuíto para asociados)
• Inscricións: en Axober


De estar interesado en acudir a dito seminario, debe poñerse en contacto coa Asociación.

PROGRAMA DE CREACIÓN E CONSOLIDACIÓN DE EMPRESAS


03-11-2008
PLAN DE APOYO DA FUNDACIÓN INSTITUTO PARA A CREACIÓN DESARROLLO DE EMPRESAS
Proporcionar unha visión global das distintas áreas da empresa para determinar oportunidades de mercado, xestión de proxectos, ampliar a xestión técnica e financeira, planificando e elaborando un proxecto de empresa como guía.

APERTURA DE DOMINGOS E FESTIVOS ANO 2009


14-10-2008
Consellería de Innovación e Industria
Consellería de Innovación e Industria
Orde do 6 de outubro de 2008 pola que se establecen os domingos e festivos nos que se autoriza a apertura de establecementos comerciais durante o ano 2009.

SUBVENCIÓNS DIRIXIDAS A AUTÓNOMOS PARA A COMPRA DE ORDENADORES


08-10-2008
Consellería de Innovación e Industria
Consellería de Innovación e IndustriaResolución do 25 de setembro de 2008 pola que se abre o prazo de presentación de solicitudes para que os traballadores autónomos poidan tramitar as axudas para a compra de ordenadores persoais a través das entidades colaboradoras coa Consellería de Innovación e Industria, e se procede á publicidade da relación das devanditas entidades colaboradoras seleccionadas ao abeiro da Orde do 26 de xuño de 2008 (procedemento administrativo IN533A, publicado no Diario Oficial de Galicia número 129, do 4 de xullo).

X ENCONTRO EMPRESARIAL


07-10-2008
Festa de encontro empresarial organizado por Axober
Axober celebrará o vindeiro 14 de novembro o "X ENCONTRO EMPRESARIAL"

par máis información póñase en contacto coa Asociación

EXPO BIO ENERXIA 08


07-10-2008
Feira Internacional Bioenerxía en Valladolid
Expobioenergía’08, a terceira edición da feira internacional especializada en bioenerxía, é un dos eventos máis importantes a nivel internacional e terá lugar en Valladolid, do 16 ao 18 de outubro de 2008.

AXUDAS ENCAMIÑADAS Á REHABILITACIÓN E MELLORA DE INFRAESTRUTURAS NOS PARQUES EMPRESARIAIS


01-10-2008
Consellería de Innovación e Industria
Orde do 22 de setembro de 2008 pola que se modifica o artigo 16 da Orde do 28 de abril de 2008 (Diario Oficial de Galicia do 8 de maio) pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión das axudas encamiñadas á rehabilitación e mellora de infraestruturas nos parques empresariais e recintos delocalización preferente de empresas na Comunidade Autónoma de Galicia, en réxime de concorrencia competitiva, e se procede a súa convocatoria para o ano 2008. (IN519B).

PACTO TERRITORIAL DE EMPREGO DA COSTA DA MORTE


01-10-2008
Reunión de traballo
Onte presentouse, ante o comité de dirección, un avance do estudio-diagnóstico do territorio que alerta do alto número de parados de longa duración

PLAN LEADER 2007-2013


23-09-2008
Grupo de Desenvolvemnto Rural
Faise pública a candidatura da Comarca de Bergantiños ao plan Leader 2007-2013 de fondos europeos, do Grupo de Desenvolvemento Rural. A documentación está conformada por cinco partes diferenciadas nas que se detalla polo miúdo o territorio de actuación, a estratexia a seguir, as normas do programa ou o plan financieiro, ademais dos obxectivos do Grupo de Desenvolvemento Rural.


PROGRAMA DE CREACIÓN E CONSOLIDACIÓN DE EMPRESAS


03-11-2008
PLAN DE APOYO DA FUNDACIÓN INSTITUTO PARA A CREACIÓN DESARROLLO DE EMPRESAS (INCYDE)
DESARROLLO DE EMPRESAS (INCYDE)

Obxectivos: proporcionar una visión global das distintas áreas da empresa para determinar oportunidades de mercado, xestión de proxectos, ampliar a xestión técnica e financeira, planificando e elaborando un proxecto de empresa como guía

CALENDARIO LABORAL 2009


08-09-2008
Consellería de Traballo
Consellería de TraballoDecreto 194/2008, do 28 de agosto, polo que se determina o calendario laboral para o ano 2009 na Comunidade Autónoma de Galicia.

SUBVENCIÓNS E AXUDAS A PROXECTOS DE ENREXÍAS RENOVABLES EN GALICIA


08-02-2008
Instituto Enerxético de Galicia
logo inega
Resolución do 6 de xuño de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións e axudas a proxectos de aforro e eficiencia enerxética e proxectos de enerxías renovables en Galicia correspondentes ao exercicio 2008, e ao abeiro dos convenios subscritos entre o IDAE e o Inega os días 2 e 3 de xullo de 2008.

EXAMES PARA A OBTENCIÓN DO CARNÉ PROFESIONAL DE OPERADOR DE GUINDASTRE DE GRÚA TORRE


05-08-2008
Consellería de Innovación e Industria
logo industria
Resolución do 23 de xullo de 2008, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se modifica a do 8 de febreiro pola que se convocan exames ordinarios para a obtención do carné profesional de operador de guindastre torre no ano 2008.

CONSELLERÍA DE TRABALLO


28-07-2008
Axudas para a promoción do emprego autónomo
logo conselleria de traballo
Orde do 18 de xullo de 2008 pola que se estende o ámbito temporal de aplicación e se reabre o prazo para a presentación de solicitudes das axudas previstas na Orde do 21 de abril de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras do programa para a promoción do emprego autónomo, cofinanciado polo Fondo Social Europeo e se procede á súa convocatoria para o ano 2008.

ANUNCIO DA APROBACIÓN INICIAL DA AMPLIACIÓN DE APARCAMENTO REGULADO


02-07-2008
Zona Azul
O Pleno Municipal en sesión ordinaria celebrada o día 28 de abril de 2008 adoptou o acordo de Ampliación de Aparcamento Regulado con Zona Azul. 3º Fase.
As rúas ás que se ampliou este aparcamento son as seguintes:
- Vázquez de Parga: Ampliar na marxe dereita no sentido da circulación dende a antiga estación de autobuses ata a intersección coa rúa Ourense. Total 12 prazas de estacionamentos apróximadamente.
- Concepción Arenal: Colocar unha Zona de Carga e Descarga na súa marxe dereita dende o cruce da rúa Vázquez de Parga ata a confluencia coa rúa Valle Inclán.
- Pontevedra: Implantar a Zona Azul nas dúas marxes da rúa, na marxe dereita respectando a parada de taxis existente e na marxe esquerda dende a entrada ao estacionamento do Rego da Balsa ata a confuencia coa rúa Vázquez de Parga. Total de 20 prazas de estacionamento apróximadamente.
- Estrela: Na súa marxe dereita dende a confluencia da rúa Perú ata a Vázquez de Parga (16 prazas) e na marxe esquerda dende o cruce con Baños Vellos ata a Vázquez de Parga (6 plazas). Total 22 estacionamentos apróximadamente.
- Vitoria: Marxe dereita dende a rúa Saude ata rúa Ponte. Total 10 prazas de estacionamento apróximadamente.
- Ponte: Marxe dereita dende a rúa Praza de Galicia ata a rúa Perú. Total 16 prazas de estacionamento apróximadamente.
- Avenida de Fisterra: Marxe dereita ao pasar a ponte da rúa Fomento ata a confluencia coa rúa Vicente Risco. Total 11 prazas de estacionamento apróximadamente.
- Río Anllóns: Marxe esquerda dende a Avda. de Fisterra ata o cruce coa rua Río Miño. Total 8 prazas de estacionamento apróximadamente.
- Igrexa: Marxe dereito no sentido da circulación dende a Praza de Galicia ata rúa San Pedro. Total 15 prazas de estacionamento apróximadamente.
- San Xoan: Marxe esquerdo no sentido da circulación dende a rúa Martin Herrera ata a rúa Santa María. Total 15 prazas de estacionamento apróximadamente.
Sométese o expediente a información pública durante un prazo de 30 días, contado a partir do día seguinte ó da inserción deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia, de acordo co establecido no art. 49 da Lei 7/85 reguladora das bases de réxime local, para que os interesados poidan presentar alegacións, reclamacións ou suxerencias ó acordo inicialmente adoptado.
No caso de non presentarse ditas alegacións, reclamacións ou suxerencias no prazo establecido, considerarase aprobado definitivamente o acordo de Ampliación de Aparcamento Regulado con Zona Azul. 3º Fase

CONSELLERÍA DE TRABALLO


27-06-2008
conselleria de traballo
Orde do 19 de xuño de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras do réxime de axudas e subvencións ás empresas cualificadas como iniciativas locais de emprego (ILES) e do programa das iniciativas emprendedoras e de emprego (I+E+E), cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2008.

SERVIZO GALEGO DE PROMOCIÓN DA IGUALDADE DO HOME E DA MULLER


24-06-2008
servizo de igualdade
Resolución do 13 de xuño de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as subvencións para o apoio ao emprendemento feminino como fórmula de loita contra a discriminación no mercado de traballo (programa Emega) e se procede á súa convocatoria.

AXENCIA GALEGA DE DESNVOLVEMENTO RURAL


16-06-2008
Resolución do 30 de maio de 2008 pola que se publica o Acordo do 30 de maio polo que se aproban as bases reguladoras para a selección de programas de desenvolvemento rural e para a selección e o recoñecemento dos grupos de desenvolvemento rural como entidades colaboradoras na xestión do programa Leader Galicia 2007-2013, cofinanciado con Feader, e se convoca o correspondente proceso de
selección.

Buscador de Empresas
AXOBER, Asociación de Xóvenes Empresarios de Bergantiños