Innovando cos pés na terra

30 e 31 de outubro de 2014 no Forum Carballo

Todos os indicadores apuntan á innovación como un dos factores que axudan a saír das crises, por iso queremos poñer en valor con estas xornadas iniciativas tanto locais como externas que axuden a todos e todas as que queiran asistir a visualizar iniciativas e compartir experiencias cos seus promotores.

Para iso o xoves haberá presentacións de iniciativas emprendedoras locais e un interesante obradoiro que aplicando a metodoloxía da Universidade de Standford axuda a deseñar produtos. Xa o venres teremos a sorte de contar con tres personalidades destacadas no mundo da innovación: Paco de Pin, unha das persoas de referencia dentro da industria musical e do espectáculo desde fai máis de 20 anos; Antonio Muíños, unha referencia absoluta a nivel internacional da industria de transformación agroalimentaria; e Paco Morales, que desde o seu restaurante Noor de Granada ven de revolucionar o mundo da gastronomía a nivel mundial co lanzamento das Gastroimpresoras.

PROGRAMA

XOVES 30

MAÑÁ

10:00 - 10:30: Recepción e inauguración.

10:30: Carballo Innova

10:30 - 10:50: DIGISWITCH Centralización de sistemas eléctricos.

10:50 - 11:10: FÚTBOL TÁCTICO Revista Profesional de Fútbol e Fútbol Sala.

11:10 - 11:30: BRICOGEEK O portal e a tenda dos Geek na rede.

11:30 - 12:00: Mesa redonda.

12:00 - 12:30: Café Networking.

12:30: Carballo Innova

12:30 - 12:45: STATIC BOARDS Placas electrónicas

12:45 - 13:00: MAMÁ LOLA Creación de animacións e factoría audiovisual.

13:00 - 13:15: HERFRAGA Fabricación e exportación de maquinaria para a industria conserveira.

13:15 - 13:30: LUPEÓN Especialistas en modelado, escaneado e impresión 3D.

13:30 - 14:00: Mesa redonda.

TARDE

16:00 - 20:00: Obradoiro de Design Thinking. Impartido por VERMIS PROJECT

VENRES 31

MAÑÁ

11:00 - 12:30: Novo modelo no negocio musical por Paco de Pin de NORDESÍA

12:30 - 14:00: Gastroimpresión en 3D por Paco Morales, presentado por Antonio Muíños de PORTOMUÍÑOS.

14:00: #55 LACON NETWORK.



DESCARGAR PROGRAMA EN PDF

Se necesita información ou quere inscribirse, pode facelo a través do teléfono 981 757 815 ou a través do Email info@abertal.com

ORGANIZA:

Axober

SECRETARÍA TÉCNICA:

Abertal Networks

COLABORA

Concello de Carballo
IGAPE
Consellería de Industria
Fondo Social Europeo
Lacon Network